INFORMACIÓN LEGAL E ACEPTACIÓN

Para dar cumprimento co establecido na Lei 34/2002 de 11 de xullo de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSICE), a continuación indícanse os datos de información xeral deste sitio web.

ADAM FOODS, S.L.U., provista de N.I.F. B-66372202, con domicilio na rúa Travesera de Gracia núm. 342, 08025, Barcelona, está inscrita no Rexistro Mercantil de Barcelona no Tomo 44518, Folio 161, folla B-458499. (En adiante designada como “ADAM FOODS”).

Os nomes de dominio adamfoods.com, adamfoods.es, adamfoods.cat, adamfoods.eu, adamfoods.info, adamfoods.org, adamfoods.net son titularidade de ADAM FOODS, S.L.U.

Establecemos algunhas normas para asegurármonos de que o sitio web resulta informativo e útil para todo aquel que o visite. Debido a que podemos cambialas ou modificalas de cando en vez, recomendamos ao usuario que visite esta páxina da nosa web tantas veces como acceda á mesma co fin de saber as normas que estean en vigor en cada momento. Ao entrar nesta web, o usuario está aceptando actuar baixo as normas publicadas no portal no momento de acceso.

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

O uso deste sito web presupón o coñecemento de que todos os contidos do portal, entendendo por estes a título simplemente enunciativo, os textos, fotografías, gráficos, imaxes, música, iconas, tecnoloxía, software, enlaces e demais contidos audiovisuais ou sonoros, así como o seu deseño gráfico e códigos fonte (en adiante "o Contido"), son propiedade intelectual e industrial de ADAM FOODS ou foron obxecto de licenza ou cesión por subministradores de contido independentes. O usuario desta web está de acordo e coñece que ADAM FOODS permite o acceso ao citado contido, pero que o mesmo se atopa protexido polas leis de propiedade intelectual e industrial (en adiante "os Dereitos"), así como que os mencionados Dereitos son válidos e están protexidos en todos os medios existentes na actualidade ou que se desenvolvan nun futuro. O usuario acepta que o uso do contido está suxeito e se rexe por estas normas ademais de polos Dereitos, así como polas leis da propiedade privada aplicables.

En consecuencia, todo o contido do sitio web de ADAM FOODS está protexido polos Dereitos e ADAM FOODS é propietaria, ou no seu caso posuidora de licenza, dos mesmos; por isto o usuario non pode modificar, alterar, copiar, reproducir, publicar, transmitir, participar na transferencia ou venda, reprodución, creación de traballos derivados de, distribución, mostra, exposición, ou, en calquera modo, explotar calquera dos contidos en parte ou na súa totalidade.

Queda prohibido establecer un enlace con, ou un contido de correo dende calquera URL ata esta web sen o expreso permiso escrito de ADAM FOODS, S.L.U.

ADAM FOODS é unha marca rexistrada. Todos os dereitos reservados.

Calquera outra marca, nome de produto ou compañía mencionados neste sitio web son dereitos de propiedade intelectual ou industrial rexistrados polas súas respectivas compañías. Queda prohibida a súa reprodución total ou parcial sen a autorización dos propietarios.

Faise constar que, ao publicar contidos (tales como “vídeos” ou “comentarios”) nas seccións habilitadas para o efecto nesta web ou nos perfís sociais de ADAM FOODS, o usuario está concedendo a ADAM FOODS unha licenza sobre os dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial que no seu caso lle puidesen corresponder sobre tales contidos. A citada licenza é non exclusiva e abrangue a totalidade dos dereitos e modalidades de explotación de tales contidos (incluíndo de forma non limitativa a reprodución, distribución, comunicación pública e transformación, por calquera medio e en calquera forma ou soporte, tanxible ou intanxible, con inclusión expresa de Internet), para todo o mundo e durante toda a súa vida legal, sen dereito a percibir por isto remuneración ningunha.

CONDICIÓNS DE USO DO PORTAL

Contacte co responsable da web se ten calquera dúbida ou suxestión a través do seguinte enderezo de correo electrónico: info@adamfoods.es

ADAM FOODS non ten control ningún sobre a persoa ou persoas que poidan acceder á súa web e sobre onde poidan estar situados. A pesar de que ADAM FOODS é consciente disto, non significa que se someta ás xurisdicións de países estranxeiros; no caso de conflito ou reclamación en relación a esta web, serán polo tanto os Xulgados e Tribunais españois os únicos competentes.

ADAM FOODS poderá efectuar cantas modificacións técnicas sexan precisas para mellorar a calidade, rendemento, eficacia do sistema e conexión a redes telemáticas ou Internet.

ADAM FOODS reserva para si o dereito de modificar a información contida na web sen previo aviso.

ADAM FOODS está especialmente eximida de responsabilidade por deficiencias de servizo imputables ao centro servidor ou redes de conexión, así como polos danos que calquera virus informático puidese causar.

ADAM FOODS non se fai responsable da verosimilitude da información facilitada por terceiros e incluída de forma directa ou por enlace nesta Web.

REDES SOCIAIS

ADAM FOODS pode estar presente en redes sociais como Facebook ou Tuenti mediante a creación de perfís sociais de ADAM FOODS. O tratamento dos datos dos usuarios que se fagan seguidores de perfís oficiais de ADAM FOODS rexerase:

• polas políticas de privacidade e condicións de uso que, con carácter específico, se indiquen no perfil creado por ADAM FOODS,
• polas condicións previstas na presente Política de Privacidade e Condicións de Uso e
• polas políticas de privacidade e condicións de uso que teñan establecidas as propias redes sociais. No caso de conflito, aplicaranse con carácter preferente as normas específicas establecidas no perfil oficial de ADAM FOODS e, no seu defecto, polas presentes condicións.

ADAM FOODS tratará os datos dos usuarios que se fagan seguidores ou fans de calquera dos seus perfís coa finalidade de administrar correctamente os mesmos, coñecer as súas opinións e/ou comentarios así como para informalos e facelos partícipes dos diferentes concursos, promocións e/ou eventos que se realicen pola compañía e nos que participen os usuarios. Ao facerse fan ou seguidor do perfil, o usuario consente o tratamento de datos no contorno da rede social de conformidade coas políticas de privacidade establecidas na mesma e o acceso de ADAM FOODS aos datos contidos na listaxe de fans ou seguidores nos termos antes mencionados.

ADAM FOODS poderá eliminar do seu perfil calquera información que vaia en contra das normas establecidas nas condicións xerais de uso da rede social así como en contra do previsto na presente Política de Privacidade e Condicións de Uso. O usuario pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición en calquera momento, na forma descrita no apartado relativo a Política de Privacidade e Protección de Datos de carácter persoal. En todo caso, o usuario poderá deixar de ser seguidor da páxina oficial da rede social seguindo os pasos que se indiquen nas condicións de uso da rede social e sen que ADAM FOODS poida intervir no citado proceso. Así mesmo, lémbrase que calquera modificación ou rectificación dos datos do usuario da rede social deberá realizarse a través da configuración de usuario, non podendo ser realizada por ADAM FOODS. Para realizar calquera consulta en relación co tratamento de datos que se realiza dos seguidores en redes sociais dos perfís oficiais de ADAM FOODS, o usuario poderá contactar a través do correo electrónico: : info@adamfoods.es

COMUNICACIÓNS DE DATOS A TERCEIROS

Para poder satisfacer as peticións do usuario ou solicitudes de información, así como para poder cumprir coas finalidades da recollida de datos, pode ser necesario que os datos persoais facilitados polos usuarios sexan comunicados por ADAM FOODS ás restantes sociedades do Grupo ADAM FOODS (CUÉTARA, S.L.U., GALLETAS ARTIACH, S.A.U., GRANJA SAN FRANCISCO, S.L.U., LA PIARA, S.A. e TRIGORICO, S.L.U.), e poden ser consultadas en cada momento na páxina web: www.adamfoods.es

As sociedades do Grupo ADAM FOODS dedícanse á fabricación e comercialización de produtos alimenticios e están situadas en España.

O presente aviso legal réxese en todos e cada un dos seus extremos pola lei española, sendo competentes os Xulgados e Tribunais españois para coñecer de cantas cuestións susciten sobre a interpretación, aplicación e incumprimento das mesmas

Enero 2015